sábado, 15 de diciembre de 2007

Máis sobre Fisterra


Pódovos recomendar moitos máis lugares para visitar nesta vila. O cabo Fisterra onde chegaron os romanos hai séculos e viron como o mar tragaba o sol, de aí o nome fin da terra, as numerosas praias afastadas e de mar aberto nas que relaxarse neses días de verán, o monte Facho repleto de lendas e de historia. No cume do monte atópase a ermida de San Guillerme, onde conta a lenda que hai séculos viviu un ermitán. Aínda se conserva unha pedra con forma de leito á que se lle asocian propiedades beneficiosas para as parellas que non poden ter fillos. Contan que as parellas teñen que deitarse nela par así poder concibir. Xa vos irei comentando máis curiosidades arredor destas terras occidentais.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Ola Mar,

Paréceme xenial a temática do teu blog!
Son afeccionada a facer rutiñas por GZ adiante, e desde logo que a Costa da Morte é unha das miñas zonas favoritas. Así que non sabes o que axuda ter un blog como o teu de referencia!

Saúdos!

Miry dijo...

Tu blog me parece muy interesante, creo que vamos a aprender un montón de cosas de las que no teníamos ni la menor idea!
Un saludo