sábado, 15 de diciembre de 2007

Máis sobre Fisterra


Pódovos recomendar moitos máis lugares para visitar nesta vila. O cabo Fisterra onde chegaron os romanos hai séculos e viron como o mar tragaba o sol, de aí o nome fin da terra, as numerosas praias afastadas e de mar aberto nas que relaxarse neses días de verán, o monte Facho repleto de lendas e de historia. No cume do monte atópase a ermida de San Guillerme, onde conta a lenda que hai séculos viviu un ermitán. Aínda se conserva unha pedra con forma de leito á que se lle asocian propiedades beneficiosas para as parellas que non poden ter fillos. Contan que as parellas teñen que deitarse nela par así poder concibir. Xa vos irei comentando máis curiosidades arredor destas terras occidentais.

jueves, 13 de diciembre de 2007

Benvidos a Mar de Fóra


Benvidos ao blog Mar de Fóra.

Mar de Fóra é o nome dunha fermosa praia da Costa da Morte, unha praia afastada do mundanal ruído, de cor moi azul e de mar engaiolador, á vez que traizoeiro. Moita xente se namora desta praia cando a ve e a sente. Sénteste libre e en plena natureza, ulindo o recendo salitrado que vén do mar.